FÍOS DE V·MAR

Escrito por

en

1. Definición do proxecto

Fíos de V·Mar é un proxecto de comercio electrónico de carácter educativo, sostible e solidario, promovido desde o Colexio Fillas de María Inmaculada de Vigo.

A proposta baséase no deseño e comercialización de produtos con identidade propia, principalmente camisetas e outros artigos téxtiles, aos que se poderán incorporar progresivamente outros produtos deseñados ou elaborados polo alumnado.

As coleccións partirán de catro eixes temáticos: o legado e os valores de Santa Vicenta María, mediante citas ou adaptacións claramente identificadas; a lingua e cultura galegas, a través de expresións e mensaxes propias; Vigo e a súa vinculación co mar; e a sustentabilidade e o consumo responsable, especialmente a través das iniciativas desenvolvidas en colaboración con FUNDAMAR.

O proxecto incorpora ademais unha dimensión de emprendemento educativo: o alumnado poderá participar en distintas fases do proceso —ideación, deseño, selección de produtos, comunicación, creación de contidos, promoción e análise da tenda—, convertendo a web nun contexto de aprendizaxe próximo a unha situación empresarial real.

A finalidade económica queda subordinada á finalidade educativa e social. Os posibles beneficios destinaranse a fins sociais ou solidarios vinculados aos proxectos da Congregación das Relixiosas de María Inmaculada.

Comentarios

Unha resposta a «FÍOS DE V·MAR»

  1. Avatar de Un comentarista de WordPress

    Ola, este é un comentario.
    Para comezar a moderar, editar e eliminar comentarios, visita a pantalla Comentarios no panel de control.
    Os avatares dos comentaristas veñen de Gravatar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *