Fíos de V·Mar — Creacións con valores

Fíos de V·Mar é un proxecto de comercio electrónico de carácter educativo, sostible e solidario, promovido desde o Colexio Fillas de María Inmaculada de Vigo.
A iniciativa nace coa finalidade de unir educación, creatividade, emprendemento e compromiso social, facendo do alumnado unha parte activa no deseño e desenvolvemento de produtos con identidade propia.
As nosas creacións inspíranse en catro grandes eixes: o legado e os valores de Santa Vicenta María, Vigo e a cultura galega, o mar e a sustentabilidade, e a creatividade do alumnado.
Camisetas, sudadeiras, cadernos, bolsas e outros produtos convértense así en algo máis ca simples obxectos: son unha maneira de expresar os valores que nos unen como comunidade.
Fíos de V·Mar representa eses fíos que conectan persoas, ideas e valores, cunha mirada posta nun consumo máis consciente, responsable e solidario.
