Descripción
Botella reutilizable Fíos de V·Mar, fabricada en aceiro inoxidable e deseñada para transportar bebidas de forma cómoda e segura no día a día.
Dispón de peche hermético con xunta de silicona, boca ampla para facilitar a limpeza e unha base estable. O seu deseño térmico permite conservar as bebidas frías ou quentes durante máis tempo.
Está dispoñible en dúas cores, branco e azul mariño, e en dúas capacidades, 500 ml e 750 ml, permitindo escoller a combinación que mellor se adapte ás necesidades de cada persoa.
Personalizada co logotipo de Fíos de V·Mar – Creacións con valores, é especialmente práctica para levar ao centro educativo, ao traballo, en excursións ou durante actividades ao aire libre.
Características:
- Material: aceiro inoxidable
- Cores dispoñibles: branco / azul mariño
- Capacidades: 500 ml / 750 ml
- Peche hermético con xunta de silicona
- Boca ampla para facilitar a limpeza
- Reutilizable
- Libre de BPA
- 500 ml: aprox. 26 × 7 cm
- 750 ml: aprox. 29 × 7,5 cm
- Peso aproximado: 0,280 kg / 0,35




Reseñas
Aínda non hai valoracións.