Descripción
A Sudadeira Fíos de V·Mar combina comodidade, deseño e compromiso. Creada dentro do noso proxecto educativo, representa os fíos que unen Vigo, Vicenta María, o mar e a nosa comunidade.
Confeccionada cunha combinación de algodón de procedencia sostible e poliéster, presenta un tecido suave e cálido, pensado para o uso diario. O deseño incorpora a identidade gráfica de Fíos de V·Mar nas cores azul e verde características do proxecto.
Máis ca unha peza de roupa, esta sudadeira forma parte dunha iniciativa de emprendemento educativo e solidario, na que o alumnado participa no proceso creativo.
Características: composición 80 % algodón e 20 % poliéster; tecido interior suave; gramaxe aproximada de 280 g/m²; corte unisex; colo redondo; puños e cintura acanalados; tallas XS–XXL; deseño exclusivo Fíos de V·Mar.




Reseñas
Aínda non hai valoracións.